Cargando resultados...
Multas de 200 euros por conducir patinetes eléctricos polas beirarrúas de Vigo
Multas de 200 euros por conducir patinetes eléctricos polas beirarrúas de Vigo
A medida foi ben recibida pola cidadanía e, en particular, polos condutores dos patinetes
G24.gal
08/11/2021 15:12
En Vigo, os patinetes eléctricos só poden circular pola estrada ou polo carril bici. Os que infrinxan a normativa enfróntanse a recibir unha multa da Policía Local
En xeral, a medida foi ben recibida pola cidadanía e, en particular, polos condutores dos patinetes. Din ser os primeiros interesados en convivir cos peóns e con outros vehículos. Para todos, a seguridade é prioritaria na construción dunha cidade máis sostible.
Non sempre son os condutores de patinetes os que infrinxen a normativa e poden provocar accidentes, pero, en caso de facelo, deberán facer fronte a multas de 200 euros.