Muras mantense como o único concello de Galicia libre de covid
Muras mantense como o único concello de Galicia libre de covid
Leva sen rexistrar positivos desde finais do ano pasado
Trátase dunha poboación moi envellecida e dispersa
O concello de Muras leva máis de quince días sen rexistrar ningún caso de coronavirus, xusto nunha época en que as cifras non deixan de medrar.
Arredor do supermercado é onde hai máis movemento. Tamén na contorna da cafetería ou da farmacia. A entidade bancaria xa non funciona, por iso teñen que se desprazar a outras localidades.
A densidade de poboación, avellentada e dispersa, é das máis baixas de Galicia. Os propios veciños recoñecen que a interacción é pouca, pero tamén toman precaucións para evitar que se produzan contaxios.
Levan desde finais do ano pasado sen casos rexistrados no Sergas. Nestes momentos, é o único concello de Galicia libre de covid-19.