Musk anuncia que se merca Twitter Trump poderá ter conta
Musk anuncia que se merca Twitter Trump poderá ter conta
O expresidente estadounidense di que se alegra de que Musk merque a rede social do paxaro, pero que non ten intención de volver a ela
O magnate Elon Musk anunciou este martes que se consegue facerse dono de Twitter lle levantará o veto ao expresidente estadounidense Donald Trump.
A tecnolóxica pechou a conta do exmandatario tras o asalto ao Capitolio por miles dos seus seguidores en 2021.
O propietario de Tesla, que está no proceso de adquirir a rede social do paxaro, dixo que dará marcha atrás ao veto permanente. Musk engadiu que aínda non é o propietario de Twitter, así que isto non é algo que vaia pasar con toda seguridade.
Trump respondeu que agarda que Musk merque Twitter, pero que non ten intención de volver utilizar esa canle de comunicación.