Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na carreira polo futuro da eólica mariña flotante Galicia ten unha posición de privilexio

Na carreira polo futuro da eólica mariña flotante Galicia ten unha posición de privilexio

O sector eólico puxo o foco na creación de emprego e na súa aceptación social como unha enerxía limpa

Pídenlle ao Goberno celeridade para que a finais de ano poida realizarse a poxa dos espazos marítimos

G24.gal 29/02/2024 16:01 Última actualización 29/02/2024 16:33

Para o sector da eólica mariña é unha oportunidade de crecemento que esixe sumar esforzos. Defenden que é compatible con outras actividades como a pesca e propoñen medidas compensatorias a través da fiscalidade ou o apoio aos colectivos afectados.

"A fiscalidade ben desenvolta e ben deseñada e cun diálogo previo pode ser unha ferramenta para compensar ás comunidades locais costeiras, ás confrarías, aos contornos de pesca, e para poder proporcionarlles uns ingresos adicionais", explica Juan Virgilio Márquez López, director xeral da Asociación Empresarial Eólica. 

Confían en avanzar no marco regulatorio e pídenlle ao Goberno celeridade para que a finais de ano poida realizarse a poxa dos espazos marítimos para poder presentar os proxectos. Na carreira pola eólica mariña, o sector considera que Galicia está ben posicionada.  

"O estaleiro de Navantia de Fene é o que construíu a día de hoxe once dos trece flotadores que hai no mercado de eólica mariña. Isto colócanos nunha posición de privilexio, agora mesmo estamos facendo transferencia de tecnoloxías a moitas empresas en moitos lugares. O que é importante é que isto se consolide", apunta Abel Méndez, director comercial e de negocio de Navantia Seanergies.

O comité executivo de Navalia celebrou en Vigo un encontro empresarial centrado na eólica mariña previo á feira que se celebrará en maio. Os empresarios puxeron o foco na creación de emprego, 7.500 postos ata 2030 e na súa aceptación social como unha enerxía limpa para loitar contra o cambio climático. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade