Nace o Foro Fieito para compatibilizar o desenvolvemento industrial co medio ambiente
Nace o Foro Fieito para compatibilizar o desenvolvemento industrial co medio ambiente
A industria eólica e o aproveitamento forestal son dous eidos en que fixarán especialmente a súa atención
Luis Miguel Varela, catedrático de Física da USC e impulsor do Foro Fieito
Nace en Santiago o Foro Fieito, un grupo de científicos, académicos e axentes económicos que pretenden contribuír ao desenvolvemento industrial de Galicia preservando o medio ambiente.
No seu documento fundacional, Fieito destaca que Galicia está nestes momentos nas mellores condicións da súa historia para converterse nunha potencia industrial, sobre todo apoiándose nas enerxías renovables. E cren que este salto se pode dar sen prexudicar nin o espazo natural nin a saúde.
Deste foro encabezado por Luis Miguel Varela, catedrático de Física de la USC, forman parte profesionais como Dolores Riveiro, directora do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia; Manuel Marey, catedrático da área de proxectos de enxeñería da Universidade de Santiago; Otilia Rey, profesora de Biología da USC; ou Juan Gestal, catedrático emérito en Medicina Preventiva e Saúde Pública.
Entre as súas intencións está posicionarse sobre todas as iniciativas industriais e enerxéticas que se promovan en Galicia, moi centradas nestes momentos na enerxía eólica e o aproveitamento forestal.
Fieito, din, estudará se cada iniciativa industrial cumpre ou non coa lexislación vixente e en base a iso emitirá o seu ditame. Iso si, sen substituír as resolucións xudiciais nin as administracións legalmente competentes.