Rafa Nadal, o rei de París
Rafa Nadal, o rei de París
Pasou por riba de Ruud (6-3, 6-3, 6-0) para gañar o seu 14º Roland Garros
"Non sei que acontecerá no futuro, pero vouno seguir intentando", asegurou Nadal
Pode que sexa o seu último Roland Garros. O propio Nadal deixou aberta esa posibilidade antes de xogar con Djokovic. Neste 2022 Rafa Nadal acadou a 14ª Copa dos Mosqueteiros, o título máis prestixioso en terra batida. A realidade superou á ficción unha vez máis con Nadal que se impuxo por 6-3, 6-3, 6-0 a Ruud nunha final que volveu coroar a un dos tenistas máis grandes de todos os tempos.
"Non sei o que acontecerá no futuro pero vouno seguir intentando", asegurou no discurso posterior o español.
Nadal comezou forte e rachoulle os dous primeiros servizos a Casper Ruud para coller unha vantaxe de 3-1 que foi defendendo ata o final do primeiro set. Malia os intentos do seu rival e que Nadal non estivo á mesma altura que nos partidos anteriores gañou por 6-3 en 48 minutos.
No segundo set Nadal tivo que sufrir porque comezou 3-1 abaixo cunha rotura de servizo de Ruud. Pero no quinto xogo Nadal respostou con outro break que igualou o partido. O tenista español gañou cinco xogos de xeito consecutivo (tres roturas) dun set que rematou cunha dobre falta dun rival que comezaba a verse moi superado polo imponente Rafa Nadal (6-3).
O último set foi pola vía rápida. Ruud baixou os brazos e Nadal foi unha apisonadora. 6-0 contundente para facerse cun título que gañou nas roldas anteriores, en especial nuns cuartos de final memorables diante de Djokovic e en semifinais cun durísimo partido contra Zverev.
RAFA NADAL, O REI DE PARIS
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 5, 2022
🏆 05
🏆 06
🏆 07
🏆 08
🏆 10
🏆 11
🏆 12
🏆 13
🏆 14
🏆 17
🏆 18
🏆 19
🏆 20
🏆 22
Gaña o 14º @rolandgarros a Ruud (6-3, 6-3, 6-0)
Simplemente @RafaelNadal pic.twitter.com/OOdamSo2nl