Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafael Nadal retirarase na final da Davis

Rafael Nadal retirarase na final da Davis

O balear pon punto e final á súa carreira con 38 anos

G24.gal 10/10/2024 11:33 Última actualización 10/10/2024 14:12

Rafael Nadal anunciou este xoves 10 de outubro de 2024 que se retira oficialmente do tenis profesional:  "Retírome", di o balear nun emotivo vídeo.

"A realidade é que os dous últimos anos foron difíciles e non fun capaz de xogar sen limitacións. É unha decisión difícil, que me levou tempo pero nesta vida todo ten un principio e un final. Creo que é o momento adecuado para poñer punto e final".

"Faime moitísima ilusión que o meu último torneo sexa a final da Copa Davis, representando ao meu país. É pechar o círculo"

O manacorí, de 38 anos, colga a raqueta con 92 títulos dos que 22 son do 'Grand Slam'. Ademais de lograr a medalla de ouro nos Xogos, tanto en individual como en dobres, e Cinco Copa Davis.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos