Nadal xera dúbidas sobre o seu futuro pola dor que ten no pé
Nadal xera dúbidas sobre o seu futuro pola dor que ten no pé
Durante o torneo tivo que anestesiar o pé para poder xogar. Rafa Nadal probará un novo tratamento nos vindeiros meses. Haberá máis Roland Garros para Nadal ou acabouse? Antes de comezar o torneo, o propio Rafa dixo que este podería ser o derradeiro. Non cambiou moito de idea.
Tirando de épica por enésima vez. Rafa Nadal levantou o trofeo de campión. E xa suma catorce en Paris. Chegou a Roland Garrós máis tocado ca nunca, case arrastrando un pé. Pero merecíalle a pena intentalo.
Non aguanta nin a presión da zapatilla en repouso. Xogou o torneo co pé anestesiado e confía nunha solución médica que lle permita continuar.
O seu grand Slam número 22 non foi un paseo. O punto culminante, os cuartos de final contra o rival que ameaza a súa hexemonía, Novak Djokovic, gañador de 20 grandes torneos.
O público de Roland Garros, noutro tempo receoso co mallorquino, agora réndese ós seus pés. En Roland Garros cumpre anos, 36 neste que empezou gañando o Aberto de Australia. Algún trofeo vai ser o último, pero con Rafa Nadal nunca se sabe. Será o que lle permita o seu corpo, porque a súa cabeza sempre está, como a de ningún outro, en modo campión.