Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nélida Piñón, a escritora que construíu pontes entre Galicia e o Brasil coa literatura

Nélida Piñón, a escritora que construíu pontes entre Galicia e o Brasil coa literatura

O seu recoñecemento das orixes permanecerá a ambos os lados do Atlántico. 

G24.gal 18/12/2022 14:27 Última actualización 18/12/2022 15:05

Nélida Piñón escribiu máis dunha vintena de libros, foi a primeira muller en presidir a Academia Brasileira das Letras, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras, conseguiu ser a primeira muller doutora honoris causa da Universidade de Santiago de Compostela e era membro da Real Academia Galega.

Todo isto, atendendo sempre á reivindicación da súa orixe: descubrir o  mundo aos 10 anos na aldea de Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade, do que era filla adoptiva desde o 2005.

Embaixadora literaria da herdanza, parte do chamado boom latinoamericano, a súa novela cumio foi A república dos sonhos, aquela que achega as teses fundamentais da súa vida e obra: identidade e memoria.  Marcha unha das figuras fundamentais da literatura portuguesa dos últimos 50 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade