Nesta xornada veremos os partidos do Celta B e o Pontevedra na G2
Nesta xornada veremos os partidos do Celta B e o Pontevedra na G2
O Celta B abre hoxe a xornada contra o Linense (17:00 h, G2 e G24)
O Deportivo visita a Unionistas (19 h)
O Rácing recibe o San Fernando (19 h)
Mañá pecha a xornada o Pontevedra contra o Córdoba (19:00 h, G2 e G24)
Volve mobilizarse o deportivismo, hoxe para un desprazamento considerado festivo polas dúas afeccións, na visita ao Unionistas de Salamanca.
Óscar Cano recupera a Olabe e buscará remuda para as baixas de Antoñito e Pepe. Ante un rival na zona morna, esperan que o raíña Sofía sexa un pequeno Riazor que lles permita emular os resultados na casa, e achegarse ao liderado.
Á mesma hora, ás 7, o Rácing recibirá o San Fernando, un rival da zona media cun equipo confeccionado para aspiracións máis elevadas. Pablo Alfaro é o seu cuarto adestrador da temporada. Os ferroláns buscarán a cuarta vitoria seguida, e confían na vantaxe que lles dá o apoio en aumento da bancada da Malata.
O Celta B, un dos equipos máis en forma nesta recta final da liga, será o protagonista do partido que ofrecerá hoxe a G2 a partir das 5. Os vigueses perden por sanción a Medrano e o porteiro Christian, pero recuperan o goleador Miguel Rodríguez, para recibir un Linense que loita por evitar o descenso. Tras unha impecable traxectoria en Balaídos, aos celestes tócalles facer tamén de Barreiro un aliado para manterse na zona máis alta.
O do Celta B e o do Pontevedra son os dous partidos que retransmitirá a Galega esta fin de semana. Os granates, na súa carreira pola salvación, recibirán mañá un aspirante ao ascenso, o Córdoba. Con cambio obrigado na portería pola sanción a Cacharrón. Juan Señor alerta das expulsións que sofre o equipo: leva 3 en 4 partidos.
Buscarán a terceira vitoria seguida en Pasarón, e recortar os cinco puntos que os separan da permanencia.