Nieto e Quintana analizan o triunfo racinguista en Pucela
Nieto e Quintana analizan o triunfo racinguista en Pucela
Os xogadores racinguistas valoraron positivamente os tres puntos colleitados ante o Valladolid Promesas
Tivo que remontar o Rácing de Ferrol ante o filial vallisoletano e acadouno na segunda metade, sumando tres puntos que lle permiten achegarse aos postos de playoff de ascenso a Segunda División. Ao remate do encontro dous xogadores do conxunto verde, Dani Nieto e Yeferson Quintana. O pequeno extremo amosouse moi satisfeito pola vitoria.
"Partido difícil, saímos ben pero temos que mellorar os goles que nos meten tan cedo. O equipo soubo volver a entrar no partido. No primeiro tempo xa tivemos catro ou cinco ocasións e creo que no segundo xa fomos superiores de principio a fin"
Pola súa banda o uruguaio Yeferson Quintana foi o autor do primeiro tanto departamental que posibilitou e abriu o camiño á remonta.
"Sabiamos que se encadeabamos dúas ou tres xornadas gañando podiamos meternos arriba e esta vitoria da confianza para comezar a semana máis felices. Traballamos nas xogadas para facerlles dano polas bandas. Chegaron ocasións e na 2ª parte viñémosnos arriba e puidemos darlle a volta ao marcador"