Cargando resultados...
No Gatañal seguirán gozando coa maxia do portugués Jenilson Monteiro
No Gatañal seguirán gozando coa maxia do portugués Jenilson Monteiro
O extremo foi determinante na continuidade do Cangas na ASOBAL
G24.gal
16/06/2023 12:59
Última actualización 16/06/2023 13:12
O extremo portugués, Jenilson Monteiro, continuará unha temporada máis no Cangas. No Gatañal seguirán gozando coa maxia dun xogador espectacular e decisivo que anotou 95 tantos en liga.
Monteiro, foi unha das sensacións do Campionato do Mundo júnior celebrado en Galicia. Na súa presentación explicou os motivos da súa chegada a Cangas: "Vexo un equipo competitivo, creo que daremos moitas sorpresas", vaticinou o luso, ao que os seus compatriotas Rubén Ribeiro e Miguel Baptista, xogadores do conxunto galego hai dúas temporadas, animáronno a xogar no Gatañal.