Publicador de contidos
Publicador de contidos

No Rácing chove sobre mollado co árbitro González Díaz

No Rácing chove sobre mollado co árbitro González Díaz

O colexiado xa deixara o Rácing con dez por expulsión de Davd Castro a pasada campaña en Leganés

G24.gal 21/10/2024 16:37 Última actualización 21/10/2024 16:49

Chove sobre mollado. González Díaz, xuíz de gatillo fácil, xa deixara o Rácing con dez por expulsión de David Castro a pasada campaña en Leganés por un leve contacto. En circunstancias semellantes coa vermella a Álex López, Cristóbal puido dicir moitas cousas, pero preferiu morder a lingua

"Non vou falar porque o que diga vaime prexudicar"

"Sucédense episodios que non nos son favorables, pero non vou opinar"

A inferioridade condicionou o Rácing, que fixera unha das primeiras partes máis completas do curso, na que sufriu a anulación dun gol a Jáuregui por milímetros. O túa miña propiciou o lucimento dos metas: primeiro a Jesús Ruiz e despois a Juan Pérez, no tiro de Dorrío.

O Rácing fixo máis polos puntos, pero o traveseiro negoulle a gloria do gol a Manzanara. Ao igual que Ruiz a Soko nunha contra do Huesca. A expulsión de Alex López obrigou os locais a armarse atrás no segundo asalto, e así e todo tiveron o partido sobre a bucina, cando Chiky proba sorte, Pérez rexeita e a Alvaro Giménez váiselle o remate por pouco. O mel nos beizos e as sensación, entre o agre e o doce

Así e todo, o Rácing xunta sete dos últimos nove puntos, gaña seguridade e confianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade