Vitoria do Noia Portus Apostoli, que lle permite afastarse dos postos de descenso (2-1)
Vitoria do Noia Portus Apostoli, que lle permite afastarse dos postos de descenso (2-1)
Derrotou un rival directo pola permanencia como Ribera Navarra
O Noia gañou despois de dúas derrotas seguidas e fíxoo ante un rival pola permanencia, como é o Ribera Navarra, ao cal afasta agora en seis puntos (2-1).
Os dous equipos sabían da transcendencia do partido e saíron moi concentrados na defensa. O único xogador que rompeu esa dinámica foi Pola, que marcou o único gol do primeiro tempo.
O Ribera Navarra comezou a arriscar na segunda metade e o Noia atopou o segundo tanto nunha recuperación e contragolpe rápido culminado por Pirata. Non puido aguantar os dous goles de vantaxe o Noia moito tempo, e un minuto máis tarde recortaba diferenzas Anás.
Os últimos dez minutos volveron ser de protagonismo defensivo por parte do Noia. Os de Tomás de Dios estiveron moi concentrados e tiveron esa pinga de sorte que lles faltou noutros partidos.