Noite de terror en Ourense
Noite de terror en Ourense
A cidade das Burgas celebra Halloween con ambientación polas rúas, espectáculos, concertos e obradoiros
Máis de 300 actores transforman a zona vella nunha auténtica pasaxe do terror
Antes de festexar toca traballar. Os máis pequenos botaron man da culler para baleirar cabazas. É o símbolo desta noite de mortos. A súa luz guiaba ás ánimas que regresan ao mundo dos vivos. Unha noite máxica, como recoñecen algúns ourensáns, onde pasar medo, divertirse e asustar.
Non esperes a morrer para coñecer o inferno, é o lema deste ano onde as rúas da cidade das Burgas se encheron de seres do máis alá. Concertos de Barón Rojo ou Broken Peach puxeron a ambientación musical a unha noite na que a Santa Compaña deambulou por Ourense na procura de novas incorporacións.