Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mellor noite das perseidas estivo favorecida polas condicións do ceo en Galicia

A mellor noite das perseidas estivo favorecida polas condicións do ceo en Galicia

Pico de chuiva de estrelas esta fin de semana. A lúa minguante facilita a visión das perseidas.

G24.gal 13/08/2023 12:39 Última actualización 13/08/2023 13:25

Estamos na mellor época do ano para gozar dun dos eventos astronómicos máis populares: as perseidas. A maior actividade desta chuvia de estrelas estase a dar nas noites desta fin de semana. Para non perder o espectáculo é aconsellable buscar un lugar elevado e apartado dos núcleos urbanos para non ter contaminación lumínica.

A chuvia de estrelas fugaces coñecidas como perseidas é un dos espectáculos astronómicos do verán. Con boas condicións, pódense ver ata un cento nunha hora.

"Están provocadas polos restos dun cometa que se chama Swift-Tuttle e que na súa traxectoria arredor do Sol vai deixando material e a terra atravesa esa zona nestas datas. Ao penetrar a gran velocidade esas partículas na atmosfera producen un fenómeno luminoso que se chama meteoro e que coñecemos normalmente como estrela fugaz".

Vense desde mediados de xullo pero as noites desta fin de semana son as de máis actividade. O aconsellable é buscar un lugar elevado, sen iluminación artificial e deitarse no chan para gozar do espectáculo.

"Á noitiña a constelación de Perseo vai estar moi preto do horizonte norte, así que necesitamos que transcorra un pouco de tempo para que vaia gañando altura porque poderemos ver máis meteoros. A partir da medianoite poderase observar mellor, coa vantaxe de que a Lúa está en fase minguante e non interfire na observación".

Non fan falta telescopios nin prismáticos, pero si un chisco de paciencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos