Publicador de contidos
Publicador de contidos

A superlúa non impide a observación das Perseidas en Galicia

A superlúa non impide a observación das Perseidas en Galicia

Este fenómeno astronómico pode observarse desde todo o hemisferio norte e a velocidade dos meteoros pode superar os 50 quilómetros por segundo

G24.gal 13/08/2022 12:09

A madrugada do sábado e a do domingo son os momentos de máxima actividade da chuvia de estrelas, tamén coñecida como Bágoas de San Lourenzo.

A pesar da néboa e dalgunhas nubes presentes en boa parte da Galicia, viamos unha lúa espectacular, que iso si, dificulta a oportunidade de observar a maior chuvia de estrelas fugaces do ano; o fenómeno das Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo.

As treboadas e a superlúa poden amolar. Brilla tanto a lúa que reduce a visión á metade. Os mellores lugares para ver a choiva de estrelas son os afastados da contaminación lumínica e por iso, os observatorios galegos privilexiados son os destinos Starlight: o Parque Nacional Illas Atlánticas, e a montaña de Trevinca e de Muras. Un espectáculo aberto a todos durante as noites de bágoas de luz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade