Publicador de contidos
Publicador de contidos

As nubes impiden gozar en Galicia dunha eclipse que deixa ás escuras América do Norte

As nubes impiden gozar en Galicia dunha eclipse que deixa ás escuras América do Norte

En 2026 poderemos ver unha eclipse total de sol en Galicia

Eclipse vista dende México Eclipse vista dende México
G24.gal 08/04/2024 21:18 Última actualización 08/04/2024 21:45

As nubes impediron ver con claridade a eclipse de sol en Galicia.

O divulgador astronómico e fotógrafo coruñés Óscar Blanco, membro da Agrupación Astronómica, xa anticipaba que, de todos os xeitos, en Europa non se vería practicamente nada desta eclipse salvo na parte máis occidental durante o solpor.

Galicia e as illas Canarias eran algúns dos lugares de Europa onde había posibilidades de apreciar en parte a eclipse. Sería só unha pequena mordedura na parte inferior esquerda do sol. Pero as nubes non deixaron percibir o fenómeno con claridade. 

Porén, a eclipse deixou en case escuridade total, en pleno día, zonas dos Estados Unidos, México, O Canadá e tamén parte do océano Atlántico. 

A lúa interposta entre o sol e a terra deixou unha zona de sombra no norte do continente americano.

Por sorte, quédanos outra oportunidade para ver a eclipse en pouco tempo. En 2026 en Galicia, en agosto e sobre todo no norte e no leste, imos poder ver en moitas mellores condicións, unha eclipse total de sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade