Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noruega medirá as posibilidades dos tres dianteiros galegos da selección

Noruega medirá as posibilidades dos tres dianteiros galegos da selección

A lesión de Haaland ábrelle a porta da titularidade a Strand Larsen, o dianteiro do Celta

G24.gal 21/03/2023 21:18

Con moitas caras coñecidas e outras debutantes, a nova selección de Luis de la Fuente apura para estar lista o sábado contra Noruega. E coa sorte de cara, porque os nórdicos perden o seu referente Erling Haaland. O dianteiro do momento, que acaba de meter cinco goles nun partido de Champions, sofre unha lesión na pube, todo un alivio para un porteiro.

Kepa, porteiro do Chelsea, ocupa o lugar do lesionado Unai Simón. E a baixa de Haaland pode beneficiar a Larsen. O dianteiro do Celta citouse con Iago Aspas para cambiaren a camiseta.

Aspas intentará facerse un imprescindible neste camiño da Eurocopa 2024, igual que Borja Iglesias e Joselu Mato. Estes dous primeiros partidos contra Noruega e Escocia serán clave para tomar posicións en moitos sentidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar