Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vacinas da covid que comezan a administrarse o día 26 chegan esta semana

As vacinas da covid que comezan a administrarse o día 26 chegan esta semana

A vacinación comeza nas residencias, continúa polos maiores de 80 anos e vai descendendo ata os de 60

Volverá administrarse nos centros de vacinación despois de citar os cidadáns por SMS

A vacina da covid volve administrarse na poboación máis vulnerable
G24.gal 11/09/2022 13:58 Última actualización 11/09/2022 14:09

O 26 de setembro comeza a administrarse a cuarta dose da vacina da covid, adaptada xa á variante ómicron B A.1. Coma noutras ocasións, a poboación máis vulnerable, a interna en residencias, será a primeira que reciba as inxeccións.

Despois de que o Ministerio anunciara esta semana a chegada das novas vacinas, Galicia agarda recibir nos próximos días as 77.000 primeiras doses. Máis de 20.000 irán a residencias para comezar coa poboación máis vulnerable, como detallou Victoria Nartallo, técnica do Programa Galego de Vacinación 

O 26 de setembro imos acudir ás residencias da terceira idade e aos centros de persoas con discapacidade. Non só se van vacinar as persoas maiores senón a todas as persoas que estean nestes centros.

Despois será a quenda dos maiores de 80 anos e a continuación a franxa de 80 a 60. Para eles volverán habilitarse os grandes espazos de vacinación, e como son poboación diana da gripe poderán recibir as dúas inxeccións.


Van recibir, coma as outras veces, un SMS informándoos da cita para a vacinación no lugar correspondente. Hai 14 lugares que funcionan como centros de vacinación. E polo tanto van recibir esa cita onde se lles vai dicir que se lles ofertarán conxuntamente as dúas vacinas. 

O calendario de actividades dalgúns recintos que funcionaron como centros de vacinación nas ocasións anteriores obrigará a buscar espazos alternativos para dispensar esta nova dose. Pero na cita que reciban as persoas convocadas terán xa a información do lugar de administración segundo a data que lles corresponda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos