Publicador de contidos
Publicador de contidos

Notifícanse 4.298 casos de varíola do mono en España, 37 en Galicia

Notifícanse 4.298 casos de varíola do mono en España, 37 en Galicia

G24.gal 30/07/2022 11:45

Este venres notificáronse 4.298 casos confirmados de varíola do mono en España, dos que 37 rexistráronse en Galicia.

Ademais, tamén se confirmou o primeiro falecemento por esta enfermidade na Comunidade Valenciana.

Os casos notificados, publicados este venres polo Ministerio de Sanidade, proceden de 17 comunidades autónomas: Madrid, 1.656; Cataluña, 1.406; Andalucía, 498; Comunidade Valenciana, 213; Canarias, 102; País Vasco, 98; Baleares, 89; Aragón, 45, e Galicia, 37.

A Comunidade Valenciana superou os 200 casos de varíola do mono, tras confirmarse 43 novos positivos desde a última actualización do pasado martes.

Séguenas Asturias, 36; Castela e León, 31; Castela-A Mancha, 23; Estremadura, 20; Murcia, 19; Cantabria, 15; Navarra, 8, e A Rioxa, 2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade