Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova mobilización dos ambulantes en Pontevedra

Nova mobilización dos ambulantes en Pontevedra

O mercado pontevedrés dos sábados segue sen se celebrar

G24.gal 26/08/2023 13:53 Última actualización 26/08/2023 14:11

O mercado pontevedrés dos sábados segue sen se celebrar como medida de presión dos ambulantes para que o goberno local lles deixe poñer os postos na alameda, onde din que venden o triplo.

Os comerciantes consideran que deixalos a carón do río é un capricho do alcalde e que os están a empregar como reclamo para reactivar o gastromercado da praza de abastos.

Confían en que a moción que se vai presentar no próximo pleno a prol dos seus intereses e que contará cos votos do PP e do PSOE sirva para facer reaccionar ao rexedor.

Tampouco entenden como se pode dicir que poderían danar a cuberta do aparcadoiro cando no mesmo sitio se poñen as atraccións das festas que vibran e pesan máis.

Por último, os máis veteranos lembran que o actual alcalde cando era o único concelleiro do BNG no concello de Pontevedra foi o único que nun pleno do nadal do 88 votou en contra da saída do mercado do centro da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade