A nova e perigosa moda de branquear a dentadura con esmalte de unllas
A nova e perigosa moda de branquear a dentadura con esmalte de unllas
A técnica que circula por Internet consiste en pintar os dentes con esmalte de uñas branco
Os expertos alertan da perigosidade para a saúde polas sustancias tóxicas das lacas de uñas
Branquear os dentes e conseguir un sorriso perfecto está converténdose en tal obsesión que hai quen fai auténticas barbaridades. A última que podemos ver na Internet é pintalos con laca de unllas.
"Quedoume un pouco feito desastre, pero eu boteino e gocei o momento, pasei un bo anaco e xa está", confesa un rapaz.
Viuno en TikTok e probou como se se tratase dun xogo.
Como explica o odontólogo José Bahillo, os esmaltes de uñas teñen substancias nocivas. "As sustancias ácidas para os dentes erosionan esa sustancia do dente e fai que poida perderse esa película que protexe ao dente que é o esmalte e iso poder ter consecuencias porque de maneira é irreversible e ese dente vai estar afectado, vai estar debilitado. E tamén erosiona pode producir úlceras nos tecidos brandos, é dicir, nas enxivas, na lingua e ademais no propio organismo o ter sustancias químicas nocivas tamén pode afectar negativamente ao propio organismo, claro", explica.
"Non se consegue unha boa hixiene e o produto é tóxico de por si, non é apto para os dentes, é máis para as uñas", apunta unha rapaza.
"Entón non ten moito sentido utilizar este tratamento na cavidade oral. A día de hoxe temos tratamentos branqueadores accesibles que se poden facer personalizados para o propio paciente e non fai falla pintarse os dentes de ningunha cor", conclúe o odontólogo.