Galicia encadeará esta semana unha borrasca tras outra
Galicia encadeará esta semana unha borrasca tras outra
Volven os avisos laranxa e amarelo por mar e vento
A peor parte do temporal prevese para a madrugada do mércores ao xoves
Entra un novo tren de borrascas e nas rúas hai desfile de paraugas.
"A auga ten que vir, tamén fai falta e, ben, aí estamos". "É o que hai, imos ao inverno, estamos a finais de outubro".
Fronte aos conformistas, hai quen lamenta que agora xa non hai termo medio.
"Mal, están os tempos cambiando de maneira de que o tempo veña como hai anos. Agora cambia e ou non chove nunca ou cando vén é tan forte que a auga lévaa a riada. É un desastre".
Prevense varias borrascas cos seus respectivos avisos, e como marca o refrán nunca chove a gusto de todos.
Baixaron lixeiramente as temperaturas máximas sacando a relucir algún que outro pano e bufanda. Moitos aproveitan esta xornada para gozar do mar antes de que volvan as alertas ao litoral.