Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas eleccións, vellos debates, por Venancio Salcines

Novas eleccións, vellos debates, por Venancio Salcines

A clase media, a grande abandonada dos últimos tempos, parece que ocupará un posto estelar na estratexia do partido popular

G24.gal 01/06/2023 09:03

A apertura do proceso electoral, como é lóxico, é tamén unha porta de entrada das propostas económicas máis relevantes dos diferentes partidos. Onte, en Barcelona, Feijoo disparou os primeiros dardos á fiscalidade que afecta directamente as persoas, a tributación directa.

A clase media, a grande abandonada dos últimos tempos, parece que ocupará un posto estelar na estratexia do partido popular e, por extensión, tamén na nova axenda fiscal que queren desenvolver.

Atendendo ó escoitado onte no Circulo de Economía, o primeiro será una rebaixa do IRPF para as clases baixas e medias. Agora, si, toca que explique ben o que son as medias, porque para uns é un nivel de renda e para outros un estrato totalmente diferente. O certo é que adecuando a escala do imposto á inflación sufrida, é dicir, deixando a presión do imposto de forma similar a como estaba no 2021, xa sería una novidade e un alivio para as familias.

En todo caso, esta declaración de Feijóo non é sorprendente porque está en liña co defendido por el nos últimos tempos. Si sorprende un pouco máis o seu ataque ó Imposto do Patrimonio, esencialmente porque nunca foi Galicia cabeza de lanza neste tema, é, en todo caso, benvido o seu posicionamento.

Afirma o líder da oposición que “non se pode pagar todos os anos polo mesmo”, e, dende logo, ten razón. Esta é una figura que non existe no resto de Europa, que é incoherente dende o punto de vista da tributación e só buscaba recadar; é mais, atreveríame a dicir que tiña un nesgo claramente populista, de feito foi acuñado como a imposición dos ricos. Cando, por exemplo, as accións en empresas familiares non tributan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade