Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo plan estratéxico industria conserveira galega

Novo plan estratéxico industria conserveira galega

  O obxectivo é reforzar a competitividade dun sector clave para Galicia   

G24.gal 17/11/2021 21:14

Galicia avanza no novo plan que guiará os pasos da industria conserveira nos próximos anos. Co obxectivo de facela máis competitiva, Goberno galego e representantes do sector deseñan xuntos estratexias que pasan pola innovación, a conservación do ambiente e a presenza no exterior.

Primeiro paso no deseño da que será a folla de ruta da industria conserveira galega nos próximos anos. O obxectivo do novo plan será reforzar ata 2030 a competitividade dun sector clave para a nosa economía xa que producimos o 80 % das conservas de produtos do mar de España.

Son as liñas estratéxicas polas que aposta o Goberno galego da man dos representantes dun sector que quere manter o seu liderado coma primeiro produtor da UE e segundo a nivel mundial.

Preténdese que as estratexias deseñadas con este obxectivo poidan estar financiadas polo novo fondo europeo marítimo da pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos