Novos emprendedores foráneos no rural galego: unha chilena promove tres negocios en Muras
Novos emprendedores foráneos no rural galego: unha chilena promove tres negocios en Muras
24 empregos nun hotel, un restaurante e unha tenda gourmet con cava de viños chilenos
Outra parella apostou polo rural de Muras e reabriu o restaurante da área recreativa
Sandra descubriu Galicia por traballo e decidiu volver desde Chile, pero con outro obxectivo: emprender un ambicioso proxecto, restaurando dous edificios para crear tres negocios que darán emprego a 24 persoas.
A finais de mes estará lista a tenda gourmet, mentres que a apertura do hotel está prevista para dentro de dous anos. Sandra está encantada cos veciños de Muras e cre que o seu proxecto revitalizará a zona.
Non é a única emprendedora que recibe Muras. Rocío e Alejandro, despois de varias experiencias noutras zonas, apostaron por asentarse aquí e reabrir este bar que levaba anos pechado. Para darlle máis vida aínda a Muras xa preparan concertos e outras actividades de lecer.