Novos miradoiros na Ribeira Sacra ourensá
Novos miradoiros na Ribeira Sacra ourensá
En parte erstán feitos con cristal e dan a sensación de estaren no aire
As vistas dende o miradoiro dos meandros do Navea Bibei son espectaculares, xusto por onde se xuntan estes dous ríos.
Esta nova instalación rehabilita un espazo creado hai décadas que estaba moi deteriorado. Na súa rehabilitación empregouse cristal; deste xeito, a sensación de estar nunha atalaia contemplando este recuncho da Ribeira Sacra completamente inmerso na natureza é enorme.
Noutro miradoiro, feito de novo nas Penas de Rome, tamén se empregaron os mesmos materiais e creouse unha estrutura moi senlleira.
O miradoiro das Penas de Rome está no medio do val do Navea. A estrutura exagonal do miradoiro e o material en que foi feito fai que se integre perfectmente na natureza.
Con estas contrucións inténtase que a zona se converta en parada esencial para os que visiten a ribeira sacra ourensá.
Apenas a un par de quilómtros de distancia do miradoiro de Penas de Rome está o de Pena Folenche, que leva décadas contruído pero tamén merece mención pola súa senlleira situación, xusto enriba dunha enrome pena que hai situada no medio da aldea.