Un desprendemento no Cereixal suma un novo problema ao estado da A-6

Veciños e usuarios denuncian o mal estado da calzada entre Baralla e Becerreá

G24.gal 10/11/2023 14:46

Os problemas relacionados coa autovía A-6 non paran de medrar. O último foi un novo desprendemento no acceso do Cereixal, en Becerreá.

Nas vilas pegadas á autovía din que se senten abandonos e reclaman medidas.

Son novos atrancos que se suman ao corte da autovía que leva xa 3 semanas. Circular polos tramos abertos ao tráfico tampouco é de todo seguro.

Veciños e usuarios denuncian o mal estado da calzada. Claman os eles e tamén os alcaldes.

"Aparecen esas fochancas grandes que quen mete unha roda alí queda sen ela", sinala Manuel Martínez, alcalde de Becerreá.

Vilas pegadas á autovía que apenas poden beneficiarse dela.

"O estado é deplorable. Eu viaxo habitualmente en ambos sentidos e hai que ir con moitísima precaución", explica Jesús Manuel Núñez, alcalde das Nogais.

Uns e outros reclaman medidas urxentes para unha estrada fundamental para Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade