Feijóo entrega en Vigo a 25 familias as chaves para vivendas con rendas sociais
Feijóo entrega en Vigo a 25 familias as chaves para vivendas con rendas sociais
Alugueiros de menos de 150 euros para 25 familias no barrio vigués de Lavadores
O presidente da Xunta entregoulles este sábado a 25 familias as chaves doutras tantas vivendas con rendas sociais. Nas próximas semanas a Xunta vai arrendar ou vender outras 37.
Asegura Alberto Núñez Feijóo que Vigo é a cidade onde se detectou maior carencia de vivenda pública en Galicia polo que era precisa esta actuación.
Lembrou que xa se rehabilitaron 82 edificios na zona vella de Vigo e aprobáronse 1.600 vivendas en San Paio de Navia.
Os alugueiros establecidos son de menos de 150 euros para as 25 familias que se instalan en Cambeses, no barrio de Lavadores en Vigo.
Na entrega das chaves, Feijóo observou que había moitas familias con nenos e de fóra de Galicia de diferentes procedencias en América do Sur, Portugal ou África polo que destacou que era un edificio da diversidade, da Galicia do século XXI e agradeceulles que elixirán a nosa comunidade para vivir.