Nuria Rábano marcha do Barça e xogará no Wolfsburgo xermano
Nuria Rábano marcha do Barça e xogará no Wolfsburgo xermano
O Barça rescindiu o seu contrato en xullo, polo que chegará libre
O Wolfsburgo xa se interesou pola lateral cando saíu da Real Sociedade
Nuria Rábano dará un novo paso na súa carreira, marchará de España e xogará en Alemaña. Nada máis e nada menos formará parte do Wolfsburgo, equipo máis laureado do país xermano, mesmos títulos ligueiros que o Frankfurt.
A etapa da santiaguesa no F. C. Barcelona foi moi exitoso no tocante ao palmarés colectivo conseguindo a competición nacional e, sobre todo, a Champions League. Mais no individual non rematou tendo as oportunidades que precisaba para demostrar o seu nivel.
A lateral só puido disputar 14 encontros co conxunto catalác na tempada 2022/2023.
O Wolfsburgo xa se interesara na lateral cando saíu da Real Sociedade con dirección a Barcelona. As alemás son un dos mellores conxuntos de Europa, logrando 2 Champions League na última década (2012-2013 e 2013-2014). O equipo tamén foi subcampión da competición esta tempada, caendo 3-2 fronte o F. C. Barcelona, e a mesma Nuria.