Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nutricionistas en atención primaria: apoio aos enfermos crónicos e educación alimentaria

Nutricionistas en atención primaria: apoio aos enfermos crónicos e educación alimentaria

Preto dun cento de especialistas xa están a traballar nos distintos centros de saúde de Galicia

G24.gal 27/01/2023 20:23

Alba é unha dos trece especialistas en nutrición que se acaban de incorporar a atención primaria na área sanitaria de Ourense.

Dende o centro de saúde da Ponte traballa con doentes crónicos, tanto adultos como pediátricos. Axúdalles a combater a obesidade, a hipertensión, a diabetes, a insuficiencia renal ou outras doenzas como o colesterol alto.

Alba García, nutricionista do centro de saúde da Ponte, en Ourense: "Facemos educación nutricional para notar melloras ao longo do tempo e sempre traballando da man dos nosos compañeiros".

Os pacientes chegan a súa consulta derivados por outros profesionais sanitarios como médicos de familia, enfermeiros ou matronas.

Juan Fernández, coordinador do centro de saúde da Ponte, en Ourense: "Podemos remitir pacientes hipertensos, diabéticos... aínda que o traballo máis importante é o que se fai coa comunidade"

Traballo como o que desenvolve hoxe neste centro de primaria de Ourense. A través de xogos intenta concienciar os máis pequenos da importancia dunha alimentación saudable.

Alba García, nutricionista do centro de saúde da Ponte, en Ourense: "O que nos interesa é que aprendan xogando. Un dos xogos é o do pano, asignámoslle un alimento a cada neno e así tamén favorecemos a actividade física que é un piar fundamental".

Unha función educativa que tamén levarán a cabo con outros grupos de idade a través por exemplo das asociacións de veciños.

O obxectivo concienciar á poboación que unha boa alimentación é a base da saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade