Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 112 invita varios 'influencers' a coñecer como se xestionan e se coordinan as emerxencias

O 112 invita varios 'influencers' a coñecer como se xestionan e se coordinan as emerxencias

 É un ámbito en que unha información coherente e coordinada é fundamental para salvar vidas

G24.gal 05/06/2023 15:01

María Foscaldo, é @meryfos_  e La Repunante. Está en TikTok e en Instagram. Esta influencer e xornalista de formación sabe ben a importancia de que os datos e os feitos que se difunden sexan veraces, contrastados, rigorosos.

Diso vai a xornada organizada polo 112: de conseguir que neses novos altofalantes que chegan á xente que atende menos os medios tradicionais, as redes, haxa tamén información ben contrastada.

"As comunicacións están cambiando cada vez máis, tiktokers, youtubers e basicamente o que buscamos é que se sintan parte do sistema autonómico de emerxencias", dixo Marcos Araújo, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

"En redes hai moita desinformación, moitas cousas que non son de todo correctas, e creo que é importante que se fagan este tipo de xornadas e visitas para que se coñezan mellor", engade a 'influencer' e xornalista María Foscaldo. 

Na visita comprobaron como funciona a sala de emerxencia do 112 Galicia, un número europeo que interrrelacciona, coordina e integra todos os servizos que se mobilizan ante catástrofes, accidentes e eventos que requiren da actuación dos equipos de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade