O 16 % dos españois cre que a súa parella lle espía o móbil
O 16 % dos españois cre que a súa parella lle espía o móbil
Unha empresa de ciberseguridade elaborou unha enquisa entre 21.000 persoas de todo o mundo
Segundo un estudo dunha empresa de seguridade informática, o 16 % dos españois enquisados cre que a súa parella lle espía a súa vida privada a través do teléfono móbil.
España é o sexto país de Europa en número de usuarios afectados polos programas espía que rouban todo tipo de información persoal, como o posicionamento, as fotografías, o uso das redes sociais, as conversas e os datos bancarios.
Por iso, o consello dos expertos é que usemos de xeito conscientes os nosos dispositivos móbiles, sobre todo nas wifis públicas, e que revisemos a seguridade dos nosos contrasinais.
Acceder á vida privada doutras persoas a través do seu teléfono, fisicamente ou en remoto, sen o seu consentimento é unha práctica ilegal e violenta que recoñecen ter sufrido o 16 % dos españois que participaron nunha enquisa a 21.000 persoas de todo o mundo.
Para evitar problemas, recoméndase non compartir datos confidenciais mediante as redes abertas e facer uso dos sistemas de seguridade dos dispositivos.
En 2021, os países con maior número de afectados no mundo foron Rusia, O Brasil e os Estados Unidos. En Europa, a maioría dos casos detéctanse en Alemaña, Italia e no Reino Unido.