O 54 % da poboación de 5 a 11 anos regresa á escola coa primeira dose
O 54 % da poboación de 5 a 11 anos regresa á escola coa primeira dose
O Sergas agarda que o 90 % teña unha posta a finais da vindeira semana
O Sergas agarda para este luns a chegada de 36.000 unidades pediátricas contra a covid-19. Será a terceira remesa, que permitirá continuar avanzando na vacinación da poboación infantil galega de entre cinco e once anos.
Segundo as previsións de Sanidade, o 90 % dos 156.000 menores nesta franxa de idade terá a primeira dose de Pfizer a finais da vindeira semana. Desde mediados de decembro, recibiron a vacina algo máis de 84.000.
Polo momento, o 54 % do alumnado de 5 a 11 anos volverá ás aulas cunha inxección. Galicia é a comunidade coas mellores cifras de vacinación pediátrica: supera en máis de vinte puntos a media do conxunto de España.
A Xunta destaca a boa resposta das familias. Case o 95 % da poboación de 12 e 19 anos ten a pauta completa.