Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 75 % dos españois ten déficit de vitamina D; aprendemos como combatelo

O 75 % dos españois ten déficit de vitamina D; aprendemos como combatelo

Os expertos recomendan 15 minutos de exposición solar diaria nos meses de verán

A vitamina D é fundamental para a saúde dos ósos e o sistema inmunitario

 

 

G24.gal 08/05/2024 15:00 Última actualización 08/05/2024 16:18

Cunha picada no dedo na farmacia xa podemos saber cal é o noso nivel de vitamina D en sangue. Nesta do Milladoiro levan un mes facendo os tests e os resultados son reveladores:

"Constatamos esa realidade da que falan os estudos, como exemplo te podo dicir que máis do 90 % das persoas que fixeron o test estaban deficitarios", explica a farmacéutica Natalia Martínez Reboredo.

Ademais de fixar o calcio nos ósos, a vitamina D ten múltiples beneficios no sistema inmunitario, cardiovascular e nervioso. Recargarse dela é sinxelo e gratuíto: cómpre facer un baño de sol diario durante os tres meses de verán, que é cando mellor se sintetiza en Galicia.

"Quince minutos ou media hora, evitando horas centrais do día e expoñendo mellor a zona dos brazos e as pernas", di a farmacética.

A outra fonte de vitamina D está na nutrición. Podemos atopala no peixe azul, en ovos campeiros e leite ou fígado de gando criado baixo o sol.

"Neste século os alimentos empobrecéronse en vitamina D polos sistemas de produción baixo teito, temos que telo en conta, e tamén considerar que está a alternativa dos suplementos ou concentrados nutricionais de vitamina D3".

Suplementos dispoñibles nas parafarmacias que non deben confundirse cos fármacos que, sempre con receita, prescriben os médicos nos casos máis severos de falta de Vitamina D.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade