Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 80 % da poboación galega de cinco a once anos ten a primeira dose

O 80 % da poboación galega de cinco a once anos ten a primeira dose

G24.gal 22/01/2022 12:54

As doses de reforzo avanzan mentres se vai completando a vacinación infantil, nun momento con alta incidencia nos centros educativos. Hai máis de 262.000 estudantes e 24.700 mestres contaxiados en España.

Galicia segue á cabeza en vacinación infantil, con máis dun 80 % dos menores, entre os 5 e os 11 anos, inmunizados.

A media española supera lixeiramente a metade da poboación infantil, cun 51,8 % dos nenos que xa recibiron a súa primeira dose. 

A vacinación infantil avanza a un ritmo lento e son moitas as comunidades que aínda non chegaron a esa fronteira do 50 %. Madrid está no 42 %, Cataluña no 36 % e Baleares, no derradeiro lugar, no 29 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade