Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 80 % dos habitantes das cidades soporta un nivel de ruído nocivo

O 80 % dos habitantes das cidades soporta un nivel de ruído nocivo

Dor de cabeza, hipertensión, insomnio e ansiedade son as consecuencias dunha sobreexposición ao ruido ambiental

Galicia ten dez medidores para controlar os niveis e está dentro dos parámetros que establece a UE

G24.gal 24/04/2024 14:43

O impacto acústico das cidades sobre o organismo está descrito pola Organización Mundial da Saúde. Non só está en risco o noso oído. Estar expostos a niveis de ruído elevados provoca dor de cabeza, irritabilidade, insomnio, taquicardia, hipertensión. Tamén ansiedade e depresión.

A OMS calcula que o 80 % dos habitantes das cidades está sometido a uns niveis de ruído nocivos para a saúde. Aínda que non sempre hai acougo a carón da natureza. Así que os sonómetros da rede da Xunta, dez en total, están repartidos en zonas con moito tráfico e ocio nocturno, pero tamén en zonas rurais.

"Estamos en boa situación, pero iso non quere dicir que non teñamos que mellorar. Estamos no límite, estables os últimos dez anos, pero o ano 2023 é certo que houbo bastante ruído", declarou Ánxeles Vázquez, a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Nunha visita a unha desas estacións, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou que para 2030 a Unión Europea estableceu que hai que rebaixar os decibeles un 30 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade