Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 80 por cento dos polígonos bateeiros están pechados a causa da tóxina

O 80 por cento dos polígonos bateeiros están pechados a causa da tóxina

Galicia só conta nestes momentos cunha decena de polígonos operativos para a extracción de mexillón

A situación mellora nalgunhas áreas, onde xa se deron os primeiros negativos e agardan que se confirmen para retomar a actividade

G24.gal 26/08/2022 16:27

O avance da toxina obriga a manter pechados 40 polígonos bateeiros en Galicia. Medra a preocupación no sector, mentres dende o Intecmar din que o primordial é protexer a seguridade alimentaria.

Dende o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño entenden a preocupación do sector que sofre un importante quebranto económico, pero o fundamental é evitar que cheguen partidas tóxicas de mexillón ao mercado. Os controis son moi exhaustivos precisamente para ofrecer garantías ao consumidor.

Neste momento Galicia só conta cunha decena de polígonos operativos para a extracción de mexillón ante a extensión da toxina paralizante que deixa inoperativas o 80 por cento das bateas.

Están pechadas a totalidade das rías de Vigo, Pontevedra, Ares-Betanzos, Baiona e Camariñas. O sector está preocupado, pero apoia as medidas igual que os consumidores.    

Dende o Intecmar afirman que se trata de episodios tóxicos naturais que non deben causar alarma, pero advirten do perigo de mercar o produto por canles non regulamentarias, e os vendedores resaltan que o que chega ao mercado está en boas condicións.    

Nas últimas horas producíronse os primeiros negativos en varios polígonos de Arousa, Pontevedra e Muros, que deberán ser ratificados para autorizar a extracción.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade