Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aceite de oliva dispárase: chega aos cinco euros o litro, case o dobre que hai dous anos

O aceite de oliva dispárase: chega aos cinco euros o litro, case o dobre que hai dous anos

A colleita escasa e o incremento dos custos de produción fan subir o prezo

O ministro de Agricultura fai un chamamento á responsabilidade de todos os implicados na cadea alimentaria

G24.gal 17/11/2022 16:49

Un dos produtos que máis encareceu nos últimos meses foi o aceite de oliva. Segundo o Observatorio de Prezos, neste intre o litro cotízase por riba dos 4 euros e medio. O prezo que pagan os consumidores no supermercado sobe xa dos 5 euros.

A oliva entra na prensa. As empresas de elaboración de aceite están en plena produción. Pero este ano a colleita reduciuse case á metade.

Ao haber menos produción, o prezo do quilo da oliva incrementou ao redor dun 20 %. Unha suba que xa nota nos estantes dos supermercados.

No que vai de ano xa encareceu ao redor dun 45 % debido ao incremento dos custos de produción. Neste intre, segundo o Observatorio de Prezos do Aceite, o litro cotízase por riba dos 4 euros e medio.

Aínda que á hora de mercalo no supermercado é difícil atopar unha botella por debaixo dos 5 euros. Un encarecemento que o converten, din os consumidores, nun produto case de luxo. O aceite custa hoxe en día case o dobre que hai dous anos.

A este encarecemento do aceite de oliva referiuse tamén o ministro de Agricultura, Luis Planas. Teme que acabe sendo un produto de luxo, como noutros países. E fai un chamamento á responsabilidade de todos os implicados na cadea alimentaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade