Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o aviso amarelo por calor no sur de Lugo, Ourense e Pontevedra

Activado o aviso amarelo por calor no sur de Lugo, Ourense e Pontevedra

Nalgúns puntos as temperaturas poderían superar os 36 graos

G24.gal 28/07/2024 08:25 Última actualización 28/07/2024 14:41

Aviso amarelo por calor no sur de Galicia con temperaturas que poderían superar os 36 graos na provincia de Lugo, os 35 na de Ourense e os 34 na conca do Miño en Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o achegamento dunha dana tamén fará que suban os termómetros ata os 41 graos no nordeste peninsular, na meseta, nas Baleares e no interior de Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar