Publicador de contidos
Publicador de contidos

O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual, Medallas de Galicia 2024

O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual, Medallas de Galicia 2024

Rueda salienta o carácter "estratéxico" do sector audiovisual pola súa difusión nacional e internacional da cultura galega en todo o mundo

O actor Luís Tosar, durante a presentación da miniserie 'La ley del mar', en Madrid, en xaneiro de 2024 (A. Pérez Meca / Europa Press)
G24.gal 15/07/2024 12:28

As Medallas de Ouro de Galicia, a máxima distinción que concede a Xunta, serán este ano para o actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual.

Os galardóns, que se entregarán nunha cerimonia o próximo 24 de xullo, teñen este ano como eixo o recoñecemento ao audiovisual, segundo explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda na súa comparecencia tras a reunión semanal do Goberno galego.

"Queremos poñer en valor o noso audiovisual, que se está convertendo en puntal cultural, artístico e económico", destacou Rueda dun sector "estratéxico" pola súa difusión nacional e internacional da cultura galega en todo o mundo.

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra outorgada pola Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade autónoma en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica, que sexan dignos do recoñecemento do pobo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade