Publicador de contidos
Publicador de contidos

O agosto da industria xogueteira durante as festas do Nadal

O agosto da industria xogueteira durante as festas do Nadal

O sector trata de que o incremento dos prezos non chegue ao 5%

G24.gal 10/12/2022 14:14 Última actualización 10/12/2022 14:24

Coma cada Nadal, sempre hai un xoguete estrela.

A Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes confía en que nesta campaña as vendas aumenten un dous por cento.
É un sector estacionalizado e que concentra o 75% do seu negocio nestas datas.
En España hai 270 empresas xogueteiras, que facturan anualmente máis de 1.600 millóns de euros.
Malia a súa dependencia da China e malia a suba nos prezos das materias primas e das enerxías, o sector contén os prezos, que soben nun 4%.

Os xoguetes de entre trinta e cincuenta euros están sendo os máis demandados.
Ademais dos coches e as bonecas, nas súas variedades infinitas, os artigos licenciados levan case un terzo da cota de mercado.
A publicidade tamén marca os enredos que máis se van vender; unha publicidade que non pode ser sexista.

Dende diferentes frontes animan a facer un consumo responsable, ético, optando por tarecos sinxelos, que sexan un medio para a educación, que se correspondan coa idade do menor e que teñan o selo CE, que garante a seguridade. Lembren que teñen unha garantía de tres anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade