O aire do Atlántico pónlle fin á cuarta vaga de calor, aínda que se superaron os 38º en distintos puntos de Galicia
O aire do Atlántico pónlle fin á cuarta vaga de calor, aínda que se superaron os 38º en distintos puntos de Galicia
O aire do Atlántico pónlle fin á cuarta vaga de calor, aínda que se superaron os 38º en distintos puntos de Galicia
Ourense, que non superou os 38º, mantivo o aviso amarelo, como a montaña de Lugo
Varios puntos de Galicia superaron este domingo os 38 graos, a última xornada con alertas activas por altas temperaturas.
Meteogalicia, informa que en Vilamartín de Valdeorras, o mercurio alcanzou os 40,2º C, a máxima de Galicia este domingo, en Rubiá 39,1º, en Pantón 38,6º, en Leiro 38,6º e en Larouco 38,4º.
Durante esta xornada houbo alerta amarela por altas temperaturas na montaña de Lugo e na bacía do Miño ao seu paso por Ourense. Na capital os 38 graos supuxeron unha baixada de cinco graos sobre a temperatura máxima do sábado.
A noite, iso si, foi a máis sufocante do que levamos de verán. Os termómetros non baixaron dos 21 graos na cidade e os veciños relátannos as dificultades que tiveron para conciliaren o sono.
Ademais, estivo en alerta laranxa a comarca de Valdeorras. Pola contra en Vigo, nas rías Baixas e noutras zonas de Galicia as temperaturas foron algo máis agradables.
Para a xornada do luns espérase que unha fronte pouca activa chegue a Galicia e traia consigo un aumento de nubes e algunha precipitación de carácter débil e ocasional, máis probables no extremo norte e noroeste.
As temperaturas sufrirán un descenso que será notable nas máximas e o vento soprará frouxo, do noroeste en xeral.