Cargando resultados...
O alcalde de Pol arma outra vez liorta nun partido de fútbol
O alcalde de Pol arma outra vez liorta nun partido de fútbol
Tentou entrar nos vestiarios do Castro cando celebraban a vitoria
Lino Rodríguez xa fora condenado por agredir un afeccionado
G24.gal
08/03/2023 08:17
O alcalde de Pol Lino Rodríguez volve ser noticia pola súa reacción violenta durante un partido de fútbol. Tras o encontro co Club Deportivo Castro, que gañaron os visitantes, o rexedor tentou entrar no vestiario rival, supostamente molesto pola forma de celebraren a vitoria e por presuntos danos nos vestiarios.
Os xogadores e o equipo técnico do Castro botárono de alí e a cousa non foi a máis. Lino Rodríguez xa fora condenado en maio do ano pasado por unha agresión a un afeccionado.