Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home en Pol tras saír da vía e bater contra unha árbore

Falece un home en Pol tras saír da vía e bater contra unha árbore

O corpo foi liberado polos bombeiros, mentres que o outro ocupante foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario 

G24.gal 09/10/2023 20:05 Última actualización 10/10/2023 14:02

Dous homes de 38 anos foron as vítimas do accidente de tráfico rexistrado no quilómetro 2 da estrada provincial LU-760, en Pol. Por causas que se descoñecen, o coche en que viaxaban saíu da vía nunha curva da parroquia de Fraialde e chocou contra unha maceira.

Un deles, que ía de acompañante, morreu no lugar do sinistro e o seu corpo tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Vilalba, mentres que o condutor foi trasladado ao HULA en estado grave.

O tráxico suceso causou unha gran conmoción na zona. O falecido, Carlos Fidalgo, fora o porteiro da Sociedade Deportiva Pol e actualmente xogaba no equipo dos veteranos. Era, por tanto, unha persoa moi coñecida e apreciada, en especial no mundo do fútbol, que hoxe está de loito.

Dende o Concello de Pol sinalan que tratarán de organizarlle unha homenaxe ao finado. Pola súa parte, a Garda Civil de Tráfico investiga agora as circunstancias do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade