Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Alcoraz pon a exame un Deportivo necesitado do primeiro triunfo

O Alcoraz pon a exame un Deportivo necesitado do primeiro triunfo

O equipo de Idiakez xoga o primeiro partido como visitante este venres no campo do Huesca (21:30 horas)

G24.gal 22/08/2024 22:15

O Deportivo adestrouse en Huesca, onde xogará este venres (21:30 horas) o partido correspondente á segunda xornada da categoría de prata. Despois da derrota na estrea contra o Oviedo (0-1) quere resarcirse o equipo de Idiakez e comezar a puntuar no Alcoraz. 

Viaxan os mesmos que na primeira xornada coa incorporación de Obrador, que cun adestramento xa entrou na lista de convocados pola necesidade que ten o adestrador de contar cun xogador específico de banda esquerda. Na primeira xornada tivo que empregar nesa demarcación a Ximo Navarro diante das baixas de Iano e Escudero. 

O rival conseguiu a vitoria no difícil campo do Elxe na primeira xornada co gol dun ex-xogador deportivista como o cercedense Miguel Loureiro. O defensa non poderá estar diante do seu antigo equipo por lesión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade