Cargando resultados...
O Club Ciclista Padronés Cortizo máis ambicioso quere superar as 23 vitorias da campaña anterior
O Club Ciclista Padronés Cortizo máis ambicioso quere superar as 23 vitorias da campaña anterior
O equipo seguirá tendo o convenio de colaboración co Burgos BH, equipo profesional
G24.gal
14/02/2024 21:23
Última actualización 15/02/2024 12:53
Presentáronse en Padrón os equipos amateur, sub-23 e elite do club ciclista Cortizo. Un cadro que tivo 23 vitorias no 2023. Sen dúbida, resultou o mellor ano da súa historia. Cabe destacar o salto a profesionais de tres corredores e o triunfo de Martín Rey na Volta a Galicia. O vilagarcián é o máis novo da proba galega en gañar a carreira.
Cortizo seguirá tendo en 2024 o acordo de colaboración co equipo profesional Burgos BH e xa comezou a temporada cun novo éxito. Gañou a Volta ao Guadalentín co murciano José Luis Faura.
Hai que subliñar, ademais, que neste 2024 a empresa de Padrón será a saída e a chegada dunha etapa da Volta Ciclista a España.