Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ambiente xaponés invade a biblioteca pública de Ourense

O ambiente xaponés invade a biblioteca pública de Ourense

Celebraron unha cerimonia do té e un taller de ikebana, a arte xaponesa dos arranxos florais

G24.gal 06/05/2024 21:14 Última actualización 06/05/2024 21:30

Shida, xaponés afincado en Ourense, foi o guía nesta cerimonia do té. É profesor de cerámica na Escola de Artes e Oficios e emprega para a cerimonia as cuncas que elaboran nas aulas e que os alumnos normalmente só utilizan como decoración.

Masakazu Shida, profesor xaponés: "Esta tarefa o que pretende, precisamente, é que o proben como recipiente para usar diariamente".

Para explicar as orixes deste ritual, Shida remóntase ao século oitavo, cando uns monxes budistas introduciron o té no Xapón. Séculos de historia e perfeccionamento dun ritual que comprende desde o espazo onde se consume ou a forma en que se disolve a infusión ata a posición das cuncas.

Masakazu Shida, profesor xaponés: "Para preparalo, ten que mirar cara a min, pero ao darlla á convidada, ten que mirar para ela".

Ikebana

O ritual e a conexión coa natureza son tamén os piares da ikebana, a arte floral xaponesa sobre a que nos ilustrou Fátima, unha das poucas mestras desta especialidade que hai no noso país.

Fátima Rodríguez Piña, mestra de ikebana: "Buscas a beleza no mínimo e tes que ir limpando ata atopala".

E así é como a Biblioteca Nós de Ourense se transformou, por unhas horas, nun salón de té.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos