Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da Vila, en Lobios, volven rebicir misteriosos décimos da lotería de Nadal

Veciños da Vila, en Lobios, volven rebicir misteriosos décimos da lotería de Nadal

Desta volta non estaban no interior de cartas nas súas caixas de correo, senón ao pé da imaxe de San Lourenzo, e para chegar a eles tiveron que resolver un pequeno xogo

G24.gal 03/12/2024 14:41

Por terceiro ano consecutivo, as 11 familias que viven habitualmente na aldea de Vila contan cun décimo de lotaría de Nadal agasallo por un benfeitor anónimo. Unha carta, sen remitente, convidábaos a xuntarse na capela de San Lourenzo, sumar os números que lle facilitou a cada un e buscar baixo a imaxe do santo unha sorpresa.

Nunha caixa forte agochada no interior do que semellaba unha Biblia atoparon a lotaría. O número, o 61930 procede de Torrent, unha das localidades máis afectadas pola DINA.

Lonxe de resolverse, co paso dos anos o misterio de quen pode estar detrás deste fermoso xesto vai máis. Confían en que se resulta premiado acaben coñecendo a súa identidade. Así e todo eles xa se consideran afortunados por contar con alguén que amosa tanto agarimo por todos os veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade